Os nosos servizos
Xestión de residuos
Os residuos derivados da actividade empresarial requiren unha adecuada xestión para cumprir coa lexislación vixente e para acadar os obxectivos medioambientais pactados polos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Os teus residuos son recursos
Concebimos os residuos coma un recurso de valor centrándonos no seu valor económico e material. O noso obxectivo principal é reintegrar os residuos no ciclo de produción económico implementando estratexias de Economía Circular.
Realizamos a xestión integral de residuos perigosos e non perigosos priorizando o reciclado dos seus compoñentes e deseñamos rutas de recollida para incrementar a eficiencia no transporte.
Comunicámosnos directamente coas plataformas autonómicas e e-sir.
Como xestionamos os teus residuos
Negociante de residuos
Ziclos conta coas autorizacións de Negociante de Residuos Perigosos e Non Perigosos. Contamos cunha ampla rede de colaboradores de máxima calidade e confianza que nos permiten proporcionar un servizo integral na xestión de residuos.
Loxística – Transporte
Baixo o paraugas legal das nosas inscripcións como transportistas autorizados optimizamos e organizamos recollidas de residuos asegurando o cumprimento legal de todas as partes implicadas na xestión de residuos.
Software
Ziclos Circular Economy conta cun software específico de xestión de residuos que nos facilita o cumprimento da lexislación aplicable e a trazabilidade.
Estás interesado no noso servizo de xestión de residuos?
Enche este formulario e contactaremos contigo o antes posible.