Como consultores medioambientais, en Ziclos Circular Economy traballamos axudando aos nosos clientes a acadar os seus obxetivos de sustentabilidade.
Actualmente estamos a traballar activamente no proceso de Certificación True, unha das certificacións Zero Waste máis importantes outorgadas por Green Business Certification Inc. (GBCI).
O proceso de obtención da Certificación True é rigoroso e require a implementación dunha ampla gama de estratexias para reducir a produción de residuos e optimizar a xestión dos residuos xerados. Como consultoría ambiental, traballamos estreitamente cos nosos clientes para desenvolver unha estratexias de redución de residuos que se axusten ás súas necesidades e que cumpran coa normativa.
Este proceso de certificación zero waste céntrase en identificar áreas de mellora na xestión de residuos do cliente e en desenvolver solucións personalizadas para reducir a cantidade de residuos producidos. Impleméntanse prácticas de reciclaxe e compostaxe, exponse estratexias de redución da cantidade de residuos xerados e tamén se poñen en marcha programas de concienciación para empregados e provedores.
Ademáis, proporcionamos ao noso cliente o apoio e a orientación necesarios para navegar polo proceso de certificación zero waste e preparar os documentos e probas necesarios para demostrar o cumprimento dos requisitos da Certificación True. A través da colaboración con True e o uso das súas ferramentas de avaliación e medición, podemos garantir que se cumpren os estándares máis esixentes en canto á xestión de residuos e sustentabilidade ambiental.
As certificacións zero waste demostran compromiso coa sustentabilidade e diferenciación cos seus competidores no mercado.
Se a túa empresa está interesada en obter a Certificación Zero Waste e necesita asesoramento experto, non dubides en contactarnos. En Ziclos Circular Economy estamos listos para axudarte a acadar os teus obxetivos de sustentabilidade.