A Dirección de ZICLOS CIRCULAR ECONOMY, S.L., polo presente documento, quere informarlles que dispoñemos dun sistema de xestión de calidade e medioambiente implantado e certificado segundo a norma UNE EN-ISO 9001:2015 e ISO 14001: 2015 e conforme a este informámoslle como provedor o noso do seguinte.
Ademais de informarlles sobre o noso proceso de compras, aproveitamos o seguinte escrito para lembrarlles algunhas cuestións que son da nosa esixencia:
– Os servizos deben ser os solicitados tanto en calidade como en cantidade.
– No caso de xestores de residuos, facernos chegar previo ao servizo copia das autorizacións como xestor de residuo perigoso ou non perigoso segundo sexa o caso, en vigor.
– No caso de produtores, facernos chegar copia das inscricións como produtor de residuo perigos ou non perigoso segundo sexa o caso, en vigor.
– O transporte utilizado para a realización do servizo debe cumprir os requisitos legais específicos que afectan o residuo a trasladar.
A política do sistema de xestión integrada está exposta para o seu coñecemento na entrada da empresa e na páxina web.
Agardamos que os proveedores asuman os principios descritos na nosa política de calidade e medioambiente, aplicando as pautas que se describen a continuación:
Requisitos xerais dos proveedores de ZICLOS CIRCULAR ECONOMY, S.L.:
– Coñecer e cumprir a lexislación vixente nacional, autonómica e local aplicable aos seus produtos e/o servizos.
– Se o provedor dispón dun Sistema de Xestión de Calidade e Medio certificado, poñerao en coñecemento de Ziclos Circular Economy, S.L., enviándonos unha copia do seu certificado en vigor ISO 9001/ 14001.
Achegar a Ziclos Circular Economy, S.L. calquera información e/o documentación adicional que lles sexa solicitada sobre os seus produtos e/o servizos.
– Cumpriranse as garantías de compras fixadas por lei para cada produto/ servizo contratado.
– Manterase o compromiso de abastecemento segundo o prazo establecido por ambas as partes.
– En caso de subcontratación de persoal, este deberá cumprir os requisitos necesarios para o desempeño do seu posto, acreditándoo de forma documental se fose necesario. (Para a realización de traballos subcontratados nos que faga falta que a persoa dispoña dun carné profesional ou formación específica, esta entregarase á empresa)
– Calquera reclamación, queixa ou incidencia que xurda polo desempeño das súas actividades no centro será comunicado de forma inmediata ao Responsable do sistema ou a Xerencia.
– Calquera outro requisito necesario do Sistema de Xestión Integrado farase chegar ao provedor antes de que realice o servizo para o que fose contratado.
A todos os provedores homologados realízaselles o seguinte seguimento:
1) Un seguimento continuo, de forma que calquera incidencia que se produza ao realizar o pedido (Ex. Atrasos, incumprimentos etc.)/ etc.) rexístrase na nosa listaxe de incidencias.
2) Un seguimento anual, no que se realiza unha reunión co responsable de compras e realízase a avaliación anual dos nosos provedores, tendo en conta: As incidencias que xurdisen ao longo do ano, o cumprimento dos requisitos especificados nos nosos documentos (calidade e prazo), o trato, amabilidade na relación; a flexibilidade ante cambios; o cumprimento de requisitos non especificados (nosas expectativas); o prezo.